venres, 29 de xuño de 2018

Mini proxecto sobre Karlshamn

Os alumnos de 4º e 5º de primaria, supervisados polos seus profesores Tamara e Guillermo,  veñen de de completar un fantástico proxecto sobre Karlshamn, a cidade sueca á que viaxará mañá Diego Iglesias, un dos nosos profesores de física e química, para participar nun curso de innovación educativa no que poderá familiarizarse co sistema educativo sueco e visitar varias escolas da cidade.







Trátase da derradeira mobilidade Erasmus + neste curso. Espérannos 15 mobilidades máis nos vindeiros cursos académicos 2018-2020!

luns, 25 de xuño de 2018

O noso proxecto 2018-2020



"Impulso á educación inclusiva a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz" é un proxecto europeo de mobilidade do profesorado dotado cunha axuda Erasmus + para os cursos académicos 2018-2019 e 2019-2010. Este proxecto supón unha continuación do primeiro proxecto Erasmus + do centro,"A educación inclusiva para unha escola do século XXI"; ambos son froito dunha análise da realidade académica e sociocultural da nosa comunidade escolar, que permitíu a detección de cinco áreas susceptibles de mellora e incluídas no noso Plan de Desenvolvemento Europeo e suxeridas no título do proxecto:

1) A mellora da xestión e a calidade é fundamental para favorecer 2) a cohesión da  comunidade escolar y así lograr unha inclusión máis efectiva da diversidade sociocultural e do talento. Pousímos xa unha sólida estrutura de apoio á comunidade escolar que prevemos mellorar explorando e creando novas accións de apoio. As tres áreas de mellora restantes están en moi estreita relación coas dúas primeiras e son clave para a consecución dos obxectivos do noso PDE. Trátase da necesidade de 3) mellorar as competencias profesionais do profesorado, en especial a súa su capacidade de innovar, 4) potenciar o plurilingüismo e 5) favorecer a nosa internacionalización. 

O noso equipo está altamente capacitado na  súa labor docente grazas a un plan de formación continua. Como resultado, temos aplicado con éxito un enfoque baseado en la adquisición de competencias clave a través de tarefas e proxectos e na aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras (AICLE). Á luz deste enfoque, vimos pondo en marcha proxectos interdisciplinares e plurilingües recoñecidos como prácticas innovadoras por publicacións especializadas. 8 destes proxectos desenvólvense en eTwinning, que ten xogado un papel esencialna selección de centros colaboradores.  Un 42% de nuestro profesorado, porén, posúe un nivel inferior a B2 en inglés; é por esta razón que o noso proxecto inclúe cursos de actualización en inglés para permitir a todo o profesorado participar activamente en proxectos plurilingües. Con respecto á internacionalización, este proyecto permitirá afianzar a cooperación con centros cos que estamos a cooperar grazas a eTwinning e ao programa Erasmus así como establecer contacto con outros para cooperar en futuros proxectos.

O proxecto consta de 15 mobilidades nas que participarán de 11 a 14 profesores. 6 son estadías de observación en centros educativos de Italia, Portugal e a República Checa. Os participantes importarán boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e exportarán as nosas. 5 mobilidades son cursos de formación en Finlandia, Italia (2)  e Reino Unido (2), que tratan sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva.  As 4 mobilidades restantes son cursos de actualización lingüística en inglés en Irlanda (2)  e Reino Unido (2) para alcanzar los niveis B1 e B2. O proyecto tamén terá un impacto significativo en toda a comunidade escolar e noutros axentes sociais grazas á difusión dos logros en reunións, neste blog  e publicacións periódicas en diferentes medios. Co fin de integrar estes logros no noso desenvolvemento estratéxico futuro, participaremos en xornadas, congresos e cursos para dar a coñecer o impacto do noso proxect eestablecer contacto con futuros socios colaboradores. Asemade, organizaremos cursos de formación dirixidos a docentes de toda Europa en torno a las 5 áreas de mellora sobre as que agardamos que o proxecto teña un impacto sostible.

mércores, 20 de xuño de 2018

O novo proxecto Erasmus + hoxe na prensa

O suplemento "Xornal Escolar" de La Región faise eco da concesión da axuda Erasmus+ KA1 para o novo proxecto do bienio 2018-2020 "Impulso á educación inclusiva a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz":


venres, 15 de xuño de 2018

Novo proxecto Erasmus + para o bienio 2018-2020

Boas novas!
Vimos de acadar un novo proxecto Erasmus + KA1 para os cursos 2018-19 e 2019-20! Supun unha continuación aos logros obtidos ao longo do proxecto Erasmus + actual e, como tal, titúlase "Impulso á educación inclusiva a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz"

O equipo directivo e a coordinadora do proxecto ante o logo Erasmus +


Dotado cunha axuda de 23.426 euros, o proxecto constará de 15 mobilidades a distintos países europeos: 6 mobilidades serán estadías de observación en centros educativos de Italia, a República Checa yePortugal dos que os profesores participantes importarán boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade y e aos que exportarán dinámicas e prácticas de traballo do noso centro. 

As 9 mobilidades restantes son eventos de formación en Reino Unido, Italia, Finlandia e Irlanda que tratan sobre a xestión educativa, a aprendizaxe de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente. O proxecto tamén terá un grande impacto en toda a comunidade escolar e en centros que non participan directamente grazas á difusión dos logros tanxibles e intanxibles en reunións informativas, seminarios, obradoiros, un blog e publicacións periódicas en diferentes medios de comunicación.

Co  fin de integrar estes logros no plan de desenvolvemento futuro, os participantes neste proyecto Erasmus + asistirán a xornadas, congresos e cursos para dar a coñecer o impacto das mobilidades e establecer contacto con centros educativos europeos e futuros socios colaboradores. 


Para máis información, podedes consultar la resolución do SEPIE nesta ligazón.


venres, 1 de xuño de 2018

Pen Pals Ourense-Brunswick

Los alumnos de 3º de ESO han escrito  cartas en inglés y castellano a sus amigos del Gymnasium en Brunswick, Alemania, una de las escuelas de secundaria en las que su profesora de historia, Beatriz Nieto, hizo una estancia de observación el pasado mes de marzo.
Looking forward to hearing from our German friends!!