Boas novas!
Vimos de acadar un novo proxecto Erasmus + KA1 para os cursos 2018-19 e 2019-20! Supun unha continuación aos logros obtidos ao longo do proxecto Erasmus + actual e, como tal, titúlase "Impulso á educación inclusiva a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz"
O equipo directivo e a coordinadora do proxecto ante o logo Erasmus +
|
Dotado cunha axuda de 23.426 euros, o proxecto constará de 15 mobilidades a distintos países europeos: 6 mobilidades serán estadías de observación en centros educativos de Italia, a República Checa yePortugal dos que os profesores participantes importarán boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade y e aos que exportarán dinámicas e prácticas de traballo do noso centro.
As 9
mobilidades restantes son eventos de formación en Reino Unido, Italia,
Finlandia e Irlanda que tratan sobre a xestión educativa, a aprendizaxe de
idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente. O proxecto tamén terá un grande impacto en toda a comunidade escolar e en centros que non participan directamente grazas á difusión dos logros
tanxibles e intanxibles en reunións informativas, seminarios, obradoiros, un
blog e publicacións periódicas en diferentes medios de comunicación.
Co fin de integrar estes logros no plan de desenvolvemento futuro, os
participantes neste proyecto Erasmus + asistirán a xornadas, congresos e cursos para dar a coñecer o impacto das mobilidades e establecer contacto
con centros educativos europeos e futuros socios colaboradores.
Para
máis información, podedes consultar la resolución do SEPIE nesta ligazón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario