luns, 25 de xuño de 2018

O noso proxecto 2018-2020



"Impulso á educación inclusiva a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz" é un proxecto europeo de mobilidade do profesorado dotado cunha axuda Erasmus + para os cursos académicos 2018-2019 e 2019-2010. Este proxecto supón unha continuación do primeiro proxecto Erasmus + do centro,"A educación inclusiva para unha escola do século XXI"; ambos son froito dunha análise da realidade académica e sociocultural da nosa comunidade escolar, que permitíu a detección de cinco áreas susceptibles de mellora e incluídas no noso Plan de Desenvolvemento Europeo e suxeridas no título do proxecto:

1) A mellora da xestión e a calidade é fundamental para favorecer 2) a cohesión da  comunidade escolar y así lograr unha inclusión máis efectiva da diversidade sociocultural e do talento. Pousímos xa unha sólida estrutura de apoio á comunidade escolar que prevemos mellorar explorando e creando novas accións de apoio. As tres áreas de mellora restantes están en moi estreita relación coas dúas primeiras e son clave para a consecución dos obxectivos do noso PDE. Trátase da necesidade de 3) mellorar as competencias profesionais do profesorado, en especial a súa su capacidade de innovar, 4) potenciar o plurilingüismo e 5) favorecer a nosa internacionalización. 

O noso equipo está altamente capacitado na  súa labor docente grazas a un plan de formación continua. Como resultado, temos aplicado con éxito un enfoque baseado en la adquisición de competencias clave a través de tarefas e proxectos e na aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras (AICLE). Á luz deste enfoque, vimos pondo en marcha proxectos interdisciplinares e plurilingües recoñecidos como prácticas innovadoras por publicacións especializadas. 8 destes proxectos desenvólvense en eTwinning, que ten xogado un papel esencialna selección de centros colaboradores.  Un 42% de nuestro profesorado, porén, posúe un nivel inferior a B2 en inglés; é por esta razón que o noso proxecto inclúe cursos de actualización en inglés para permitir a todo o profesorado participar activamente en proxectos plurilingües. Con respecto á internacionalización, este proyecto permitirá afianzar a cooperación con centros cos que estamos a cooperar grazas a eTwinning e ao programa Erasmus así como establecer contacto con outros para cooperar en futuros proxectos.

O proxecto consta de 15 mobilidades nas que participarán de 11 a 14 profesores. 6 son estadías de observación en centros educativos de Italia, Portugal e a República Checa. Os participantes importarán boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e exportarán as nosas. 5 mobilidades son cursos de formación en Finlandia, Italia (2)  e Reino Unido (2), que tratan sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva.  As 4 mobilidades restantes son cursos de actualización lingüística en inglés en Irlanda (2)  e Reino Unido (2) para alcanzar los niveis B1 e B2. O proyecto tamén terá un impacto significativo en toda a comunidade escolar e noutros axentes sociais grazas á difusión dos logros en reunións, neste blog  e publicacións periódicas en diferentes medios. Co fin de integrar estes logros no noso desenvolvemento estratéxico futuro, participaremos en xornadas, congresos e cursos para dar a coñecer o impacto do noso proxect eestablecer contacto con futuros socios colaboradores. Asemade, organizaremos cursos de formación dirixidos a docentes de toda Europa en torno a las 5 áreas de mellora sobre as que agardamos que o proxecto teña un impacto sostible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario