mércores, 28 de febreiro de 2018

Mini proxecto sobre Brunswick

A pouco menos dunha semana para que comece a 4ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, a clase de 3º de ESO-A, supervisada pola súa titora Chus Corral, ven de completar un fantástico folleto informativo sobre Brunswick (en alemán Braunschweig), a segunda cidade máis importante de Baixa Saxonia en Alemaña. Alí, na capital do atópase a Realschule George-Eckert, o centro educativo ao que acudirá a coordinadora do proxecto, Bea Nieto, para observar e intercambiar boas prácticas educativas. Velaquí algúns momentos da entrega e da presentación do folleto. 







Parabéns polo voso traballo!

xoves, 22 de febreiro de 2018

A sneak peek into Bacon's College

Eva Pousa comparte con nós varias imaxes que permiten botar un ollo ao enfoque pedagóxico en Bacon's College, o centro de secundaria en Londres onde está a levar cabo a súa estadía de observación. Podemos observar a importancia que se lle da a lectura e as técnicas para fomentala; as pautas para a convivencia, a presenza de estratexias de avaliación formativa para facer aos alumnos máis responsables da súa aprendizaxe e creativas maneiras de tratar contidos gramaticais á hora de aprender idiomas.
Tomamos boa nota de todas elas, grazas Eva!!





mércores, 21 de febreiro de 2018

A mobilidade no Bacon's College na prensa

O Xornal Escolar de La Región faise eco da mobilidade de Eva Pousa no Bacon's College en Londres. Grazas pola difusión!


luns, 19 de febreiro de 2018

Greetings from London

Eva Pousa xa está no Bacon's College e, antes de comezar a súa estadía de observación, quere compartir con nós as imaxes tomadas de lugares recomendados polos seus alumnos de 4º da ESO na guía sobre Londres, lugares tan emblemáticos no Southbank como a Tate Modern, Shakespeare's Globe ou the London Eye.







Grazas Eva, have a great day!

sábado, 17 de febreiro de 2018

venres, 16 de febreiro de 2018

Have a good trip, Eva!

A nosa secretaria e profe de inglés, Eva Pousa, viaxará a próxima semana a Londres para participar na 3ª mobilidade do noso proxecto: unha estadía de observación no Bacon's College, un centro de referencia no reino Unido pola súa calidade e innovación educativas .


Bacon's College

Ao longo de 6 días, Eva terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en ambos centros e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Have a good trip, Eva!




xoves, 15 de febreiro de 2018

Cadernos de Turín a Ourense

Logo da estadía de observación de Antía Pousa no Istituto Comprensivo Marconi Antonelli en Turín, os rapaces desta escola italiana elaboraron uns libros para os nosos alumnos de primaria sobre a xeografía, historia, cultura e gastronomía da rexión do Piamonte. Velaquí varias imaxes de Antía amosando os libros en varias clases.
Grazie mille, ragazzi!!