A pouco menos dunha semana para
que comece a 4ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, a clase de 3º de ESO-A,
supervisada pola súa titora Chus Corral, ven de completar un fantástico folleto
informativo sobre Brunswick (en alemán Braunschweig), a segunda cidade máis
importante de Baixa Saxonia en Alemaña. Alí, na capital do atópase a Realschule
George-Eckert, o centro educativo ao que
acudirá a coordinadora do proxecto, Bea Nieto, para observar e intercambiar
boas prácticas educativas. Velaquí algúns momentos da entrega e da presentación do folleto.
Parabéns polo voso traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario