martes, 7 de decembro de 2021

Convocatoria axudas de mobilidade do profesorado 2021-22

 O vindeiro xoves, día 9, ábrese o prazo para solicitar axudas para o profesorado para realizar mobilidades no marco do proxecto Erasmus KA1 "La eduación inclusiva en la escuela actual", coordinado polo CFR de Ourense e no que somos centro colaborador.

Velaquí a ligazón a convocatoria. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 de decembro.

xoves, 2 de decembro de 2021

3ª xornada formativa sobre o programa Erasmus

 A semana pasada tivo lugar a terceira sesión de formación coa nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, sobre o programa Erasmus + 2021-27.

Nesta ocasión centrámonos no proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching), actualmente en curso, no que colaboramos coa Universidade de Santiago de Compostela e centros educativos europeos para potenciar a creatividade, a innovación e o espíritu emprendedor empregando ferramentas dixitais.

Beatriz explicounos os obxectivos específicos do proxecto, as actividades a realizar, a metodoloxía baseada na resolución de problemas, a difusión, institucións participantes e o impacto sostible dentro e fóra do noso plan de desenvolvemento.





Grazas, Bea!

Actividade formativa no consorcio KA1 sobre inclusión

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, ven de dar unha sesión formativa no CFR de Ourense enmarcada no proxecto Erasmus + A Educación inclusiva na escola actual. 

Como o título indica, a finalidade do proxecto é fomentar a inclusión a través do intercambio de coñecementos e boas prácticas ao longo de 4 estadías de observación en centros de Grecia e Suecia e 3 cursos formativos en Atenas, Dublín e Praga, respectivamente.





Neste proxecto, coordinado polo CFR de Ourense, o noso colexio participa con 2 centros galegos, o CEIP Xosé Luis Taboada, de A Barrela, Lugo e o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente, Pontevedra.

Estade atentos!

xoves, 25 de novembro de 2021

2ª xornada formativa sobre o programa Erasmus 2021-27

 Onte pola tarde tivemos a segunda xornada de formación coa nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, coa que aprendimos os tipos de modalidade de proxectos dentro da Acción Clave KA2, de cooperación transnacional así como os requisitos básicos para seleccionar os diferentes tipos de proxecto.





Ademáis, levamos a cabo un debate clave para identificar as necesidades clave do noso centro e establecer áreas de mellora con vistas a solicitar un novo proxecto Erasmus para o vindeiro curso escolar.

Moitas grazas, Bea!

mércores, 24 de novembro de 2021

A sesión formativa con Beatriz Nieto hoxe na prensa

 O Xornal Escolar de La Región faise eco da sesión formativa sobre o programa Erasmus con Beatriz Nieto celebrada a semana pasada.



Grazas pola difusión!

martes, 23 de novembro de 2021

Obradoiro con Bruno Nieto no marco do DTICEQT

 O alumnado de 1º da ESO ven de participar nun obradoiro con Bruno Nieto, deseñador e socio fundador de “Mucho Bambú”, empresa especializada en marketing e publicidade. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching) e trátase dun obradoiro preparatorio para un dos seus primeiros CPS: como dar visibilidade a riqueza natural da nosa provincia.









Grazas a axuda de Bruno, os participantes aprenderon estratexias, técnicas e ferramentas para seleccionar información sobre o tema e a deseñar folletos, cartaces e vídeos para difundir a información  na rede. Con Bruno tamén aprendemos como traballar en equipo para elaborar productos finais de forma eficaz. En decembro Bruno voltará para avaliar os traballos elaborados polos alumnus seguindo as súas pautas.

Grazas, Bruno!

martes, 16 de novembro de 2021

Sesión formativa sobre o programa Erasmus + 2021-27

 Esta tarde participamos na primeira sesión formativa do noso plan de formación, que este curso versa sobre o novo programa Erasmus + 2021-2027.

Da man da nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, repasamos de forma lúdica o impacto dos diferentes proyectos Erasmus + que o centro ten coordinado e nos que participou e segue a participar desde o curso 2017-18.







Tamén analizamos os diferentes tipos de accións formativas contempladas no novo programa Erasmus, os seus obxectivos e requisitos para poder ser levadas a cabo.



Grazas, Bea!

xoves, 7 de outubro de 2021

1ª mobilidade do proxecto DTICEQT en Barcelos

Bea Nieto, Carmen García e María José Gil acaban de chegar a Barcelos para participar na 1ª mobilidade do proxecto Erasmus + KA2 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching), coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e no que participan 7 institucións educativas europeas para fomentar a creatividade e o espírito emprendedor a través do uso de ferramentas dixitais. 




Como centro piloto do proxecto, imos elaborar e usar material didáctico para aplicar o enfoque baseado na resolución de problemas nas materias de historia, inglés e lingua castelá e galega e colaboraremos co Agrupamento de Escolas de Barcelos para intercambiar boas prácticas.




Estade atent@s!


martes, 28 de setembro de 2021

Intercambiando boas prácticas do proxecto KA3 STEM

 Boas novas!

Diego Iglesias, profesor de física e química, ven de presentar os resultados da pilotaxe do proxecto Erasmus +KA3 STEM, coordinado pola Consellería, nun evento formativo organizado polo Ministerio de Educación de Eslovenia no que participan centros de ata 7 países europeos.






proxecto Erasmus +KA3 STEM foi pilotado o ano pasado nas clases de 3º e 4º da ESO por Diego Iglesias, Beatriz Nieto e Beatriz Temes nas que foron quen de levar a cabo actividades interdisciplinares nas que desenvolveron competencias STEM. Ao longo deste curso intercambiarán as súas boas prácticas con centros de 6 países europeos (Austria, Bélxica, Chipre, Eslovenia, Finlandia, Irlanda e Suecia) e difundirán os resultados para garantir o impacto sostible deste proxecto.

Moitos parabéns!

xoves, 16 de setembro de 2021

Participamos no proxecto Erasmus + KA2 DTICEQT

 Arrancamos o curso 2021-22 con boas novas!

Imos participar no proxecto Erasmus + KA2 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching) coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) a e no que participan 7 institucións educativas europeas para fomentar a creatividade e o espírito emprendedor a través do uso de ferramentas dixitais. 


A primeira mobilidade terá lugar en Barcelos, Portugal, a principios de outubro. Estade atentos!


xoves, 10 de xuño de 2021