mércores, 31 de maio de 2023

DE VISITA NA ESCOLA SAMUEL JOHNSON E NA ESCOLA VISCONDE DE LECEIA

 A profe Laura, de estadía de observación en Oeiras (Portugal) comparte con nós varias imaxes da xornada de hoxe na que visitou dúas escolas de Educación Primaria do Agrupamento de Saõ Bruno: Escola Samuel Johnson e Escola Visconde de Leceia.

Laura percorreu as instalacións da Escola Samuel Johnson e compartiu parte da mañá coas mestras e alumnos de 3º EP, quen lle ensinaron como empregan a impresora 3D, e de 4º EP observando o traballo da mestra auxiliar con alumnado NEAE.








Na Escola Visconde de Leceia asistiu a unha sesión cunha alumna con dislexia e entrevistouse coas dúas terapeutas da fala do centro sobre o seu traballo.









¡Moitas grazas, Laura!

martes, 30 de maio de 2023

2ª xornada en Oeiras

Velaquí varias imaxes da 2ª xornada da profe Laura en Oeiras, na que visitou a parque temático Lourinhã Dino Park ubicado en Lourinhã como mester acompañante. Grazas a esta actividade, Laura puido coñecer de primeira man cómo se organizan as saídas didácticas con alumnado NEAE e a importancia que estas teñen para desenvolver as habilidades e relacións sociais.





Moitas grazas Laura por compartir a túa experiencia con nós!

luns, 29 de maio de 2023

1ª xornada da profe Laura en Oeiras

A titora de 4º de Primaria e mestra especialista en Audión e Linguaxe, Laura, comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada en Oeiras, Portugal, onde está a realizar unha estadía de observación no Agrupamento de  Escolas de Sao Bruno.



Hoxe foi un día intenso no que Laura coñeceu ó equipo do departamento de orientación. Tivo a oportunidade de descubrir con qué documentación traballan e cómo funciona a Educación Especial. Ademais, expuxéronlle os graos de concrecións curriculares que teñen e os casos máis relevantes. Todo foi moi interesante! 

Despois, Laura visitou o “jardim de infancia”, onde tivo a oportunidade de falar coa titora, quen lle explicou que traballan coa metodoloxía Montessori, e con dúas das tres terapeutas da fala que traballan neste agrupamento de escolas.






Grazas Laura por compartir a túa primeira xornada con nós e as túas palabras para describir esta estadía de observación: "Es una experiencia muy enriquecedora, han sido todos muy amables y dispuestos a enseñarme su metodología de trabajo."

sábado, 13 de maio de 2023

OBRIGADO BARCELOS!

Xa de volta a casa os alumnos de 3º ESO e os profesores acompañantes comparten con nós instantáneas da súa última xornada no Agrupamento de Escolas de Barcelos, na que coñeceron máis proxectos do centro e recibiron os seus diplomas de participación.








venres, 12 de maio de 2023

ARRIVEDERCI TORINO!

Velaquí varias imaxes de última xornada da profesora Mª José Novo en Turín. Para rematar a súa estadía de observación no  Istituto Comprensivo Pacinotti, visitou a escola Boncompagni onde observou as clases de inglés de 1º e 3º cos profesores Giulia e Fabrizio.








Moitas grazas Mª José por compartir a túa estadía con nós! Desexando saber máis cando regreses! Boa viaxe de volta a casa!

xoves, 11 de maio de 2023

COÑECENDO A SCHOLA MANZONI

Velaquí varias imaxes da xornada de hoxe xoves que Mª José Novo comparte con nós. Hoxe puido coñecer en profundidade o funcionamento e metodoloxías aplicadas na Schola Manzoni de Turín. Despois de visitar as aulas de Educación infantil, Mª José asistiu a un obradoiro sobre materiais educativos Montessori, unha metodoloxía moi empregada hoxe en día nos centros educativos italianos.

A xornada continuou cunha sesión de arte e de programación sen o uso de aparatos tecnolóxicos. Moi interesante!

A profe Mª José rematou a xornada de hoxe observando unha sesión de inglés no laboratorio de idiomas e unha sesión de teatro.





Menuda xornada tan interesante e intensa! Moitas grazas Mª José! Estamos desexando que saber máis sobre a túa estadía de observación en Turín!

XORNADA DE OBRADOIROS INTERACTIVOS EN BARCELOS

Os alumnos de 3º ESO continúan por terras portuguesas desfrutando da experiencia que lle brinda o proxecto Erasmus+ Skill4inclusion. Na xornada de hoxe participaron en obradoiros interactivos con brazos  robotizados, unha canastra electrónica feita polos alumnos do Agrupamento de escolas de Barcelos. Ademais, tiveron a oportunidade de experimentar con coches eléctrico dirixidos desde una app e tamén con drons!









Pola tarde e despois da experiencia da mañá, visitaron a localidade de Esponsende, o parque natural do Litoral do Norte, os castros de Sao Lourenço e o forte de Sao Joao Baptista.






Hai algunha maneira mellor de rematar a xornada que na praia cos compañeiros?



Grazas rapaces por compartir a vosa experiencia Erasmus+ con nós! Desfrutade da última xornada!