Amosando publicacións coa etiqueta mini-proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mini-proxectos. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de decembro de 2025

Conexión co Liceo Manzoni de Varese, Italia

 O pasado venres vivimos unha desas experiencias que deixan pegada. O alumnado de francés de 3.º da ESO, acompañado pola súa profesora María José Gil, conectou por videoconferencia co alumnado de español do Liceo Manzoni de Varese (Italia), guiado pola profesora Susana Novoa, quen nos visitara o ano pasado durante a súa estancia de jobshadowing.











Foi unha oportunidade única para fortalecer lazos, aprender xuntos e abrir a aula ao mundo.

Durante a actividade, os rapaces e rapazas compararon e analizaron dous poemas: un de Rosalía de Castro e outro de Alessandro Manzoni, descubrindo coincidencias, influencias e emocións compartidas entre ambas culturas. Ademais, debatemos sobre a emigración, o concepto tan galego de morriña e intercambiamos preguntas sobre a vida e a realidade cotiá en España e en Italia.

O encontro foi tan especial que mesmo a televisión italiana asistiu para recoller o momento, deixando constancia desta experiencia tan enriquecedora.

Unha xornada memorable que o alumnado viviu con enorme ilusión e que foi posible grazas aos vínculos creados a través do programa Erasmus+. Seguiremos tecendo pontes e creando oportunidades para que o noso alumnado medre, aprenda e soñe máis alá das fronteiras.

martes, 9 de decembro de 2025

Obradoiro sobre emocións en inglés

 Despois da súa recente mobilidade Erasmus+ en Dublín, María José Gil quixo trasladar ao alumnado de 2º ESO parte da esencia da cidade e das metodoloxías observadas durante a súa estancia. Para iso, levou a cabo unha actividade centrada no team work e na aprendizaxe emocional a través do inglés.






O alumnado, organizado por grupos, traballou con panfletos informativos e mapas de Dublín para planificar a súa propia viaxe. Cada equipo debía decidir que lugares visitar, que monumentos coñecer, que actividades realizar e o presuposto necesario para levala a cabo. Este proceso permitiulles afondar na xeografía, a cultura e os espazos máis emblemáticos da capital irlandesa.

A actividade culminou cun exercicio de reflexión no que cada grupo compartiu como se sentiría realizando esa viaxe en solitario, favorecendo así a empatía, a conexión emocional co resto da clase e o autocoñecemento. Deste modo, combinouse a aprendizaxe lingüística coa educación emocional dun xeito natural e significativo.

Foi unha experiencia moi enriquecedora que ampliou a visión do alumnado sobre o mundo e sobre si mesmos, ao tempo que reforzou as súas competencias en inglés.

luns, 24 de novembro de 2025

Proxecto sobre Dublín

 A nosa teacher María José Gil está en Dublin facendo un curso en Dublín no Marco do programa Erasmus + sobre xestión de conflictos e prevención do bullying. Por este motivo, o alumnado de 2°ESO preparou a semana pasada unha exposición tanto dixital como analóxica sobre esta cidade para María José.



Mediante a pesquisa de información e sendo eles mesmos quen explicaron porque esta cidade é importante,a celebración do día de San Patricio, o río Liffey que  divide a cidade e que monumentos se  poden visitar , entre cousas curiosidades.

 Aprenderon de xeito divertido sobre outra cultura, xeografía e melloraron as súas competencias lingüísticas!

Estade atentos!

luns, 2 de maio de 2022

Mini proxecto sobre Atenas II

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto e María José Gil, profesora de inglés, están camiño de Atenas para participar nunha nova mobilidade Erasmus + sobre inclusión educativa. Antes de marcharen, o alumnado lles preparou este estupendo lapbook sobre Atenea, a deusa grega que dá nome á cidade.


Boa viaxe! Estamos atent@s!

luns, 25 de abril de 2022

Ola desde Atenas!

A nosa directora, Beatriz Temes, xa está en Atenas para levar a cabo xunto con profesores doutros países europeos unha mobilidade de 4 días  sobre inclusión educativa enmarcada no proxecto Erasmus + co CFR de Ourense, "Una Educación inclusiva para la escuela actual"


Antes de dar comezo á actividade, recibíu un agasallo de parte do alumnado e da profe de inglés María Jose Gil, que lle vai axudar a descubrir a riqueza cultural e artística da capital de Grecia; este estupendo reloxo cos lugares máis emblemáticos:




Estamos atent@s, Bea!

mércores, 23 de marzo de 2022

Mini proxecto sobre Praga

 Vari@s alumn@s de 5º de primaria veñen de facer unha presentación interactiva sobre riqueza cultural de Praga na clase de 1º de ESO-A. O motivo é que María José Novo, a súa profe de música, vai participar nunha mobilidade Erasmus + nesta cidade en abril no marco do proxecto Erasmus + KA226 Inclusive Digital Education for Students and Families with Fewer Opportunites.








¡Grazas rapaces por unha exposición excepcional!

venres, 6 de marzo de 2020

Proxecto sobre Brunswick

A menos de tres días para que comece a 13ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º da ESO, supervisados por Diego Iglesias, veñen de completar un fantástico proxecto sobre Brunswick, a cidade alemá á que viaxará a nosa xefa de estudos para facer unha estadía na Realschule George  Eckert. 





Con moito enxeño, deseñaron unha caza do tesouro para que Beatriz Temes poida descubrir a información máis relevante da cultura e tradicións desta cidade, todo un exemplo de como gamificar a aprendizaxe.
Parabéns, rapaces!

xoves, 20 de febreiro de 2020

Proxecto sobre Dublin

A menos de 3 días para que comece a 12ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º de ESO-A, supervisados pola súa titora Beatriz Temes, veñen de completar un fantástico proxecto sobre a capital de Irlanda. A Dublín viaxará o sábado Quico Rodríguez para participar nun curso de actualización lingüística en inglés.









Congratulations on your awesome work!


venres, 7 de febreiro de 2020

Proxecto sobre Florencia

A menos de 3 días para que comece a 11ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 3º de ESO-A, supervisados pola súa profesora Chus Corral, veñen de facer una fantástica exposición sobre unha cidade excepcional, Florencia. Alí viaxará o domingo Diego Iglesias para participar nun curso de inclusión educativa no que poderá familiarizarse co sistema educativo italiano e apender estratexias e técnicas para atender con eficacia ás necesidades dos alumnos.
Grazie mille, ragazzi!!