A nosa directora, Beatriz Temes, xa está en Atenas para levar a cabo xunto con profesores doutros países europeos unha mobilidade de 4 días sobre inclusión educativa enmarcada no proxecto Erasmus + co CFR de Ourense, "Una Educación inclusiva para la escuela actual"
Antes de dar comezo á actividade, recibíu un agasallo de parte do alumnado e da profe de inglés María Jose Gil, que lle vai axudar a descubrir a riqueza cultural e artística da capital de Grecia; este estupendo reloxo cos lugares máis emblemáticos:
Estamos atent@s, Bea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario