luns, 4 de abril de 2022

Visita de 5 profesoras de Turín, Italia

 Hoxe demos a benvida a a María Grazia, María, Ilenia, Mara e Valentina, profesoras do Istituto Comprensivo Pacinotti en Turín, Italia, que están a facer unha estadía de observación de 5 días no noso centro grazas ao seu proxecto Erasmus + . Velaquí a ligazón ao seu programa de actividades.






A estadía comezou cunha charla de benvida na que tratamos aspectos básicos do noso sistema educativo e da organización e do funcionamento do noso colexio, ao que lle seguíu un tour guiado polas dependencias. 


Pola tarde, as 5 profesoras visitantes impartiron unha charla sobre o sistema educativo en Italia e a organización e funcionamento do seu propio centro. Grazas por facer posible un intercambio tan inspirador de boas prácticas educativas! A domani!











Ningún comentario:

Publicar un comentario