martes, 5 de abril de 2022

2ª xornada de estadía de observación das profesoras de Turín

 Hoxe foi unha xornada intensa para María Grazia, María, Ilenia, Mara e Valentinaprofesoras do Istituto Comprensivo Pacinotti en Turín, que participaron en un bo número de actividades para coñecer o día a día no centro: participación en aulas de infantil, primaria y ESO para as materias de bioloxía, inglés, francés, matemáticas, historia e educación física nas que os alumnos lles amosaron como aprenden e os resultados da súa aprendizaxe.

Mara vistando a clase de 5 anos, que lle tiña reservada moitas sorpresas.



Valentina observando unha sesión de inglés en 5º de primaria.


Valentina e Ilenia observaron unha sesión experiencial de matemáticas en 4º de primaria na que os alumnos activaron o aprendido en cálculo para simular unha compra online nun supermercado.




Ilenia e María Grazia observaron unha divertida clase de ciencias e 2º de primaria na que os alumnos repasaron os contidos da semana a través dun concurso.


Ilenia e María Pia observaron a competencia dixital dos membros do proxecto Ciencia Activa.



María Graza descubre o proxecto Litlle Historiadores da man dos seus integrantes.


Mara e Valentina participaron nesta sesión de Educación Física con Felipe:

Ningún comentario:

Publicar un comentario