venres, 29 de setembro de 2023

Charla informativa sobre o curso CLIL en Dublín

 A nosa directora, Beatriz Temes, ven de impartir unha charla ao claustro sobre o aprendido sobre CLIL no curso no que participou en Dublín o pasado mes de xuño e enmarcadono noso proxecto Erasmus Skills4Inclusion. Grazas Bea por afondar connosco en estratexias, técnicas e ferramentas útiles para levar a cabo unha integración eficaz de contidos e linguas estranxeiras en diferentes materias e en pautas para seguir a ser un centro plurilingüe. 







xoves, 28 de setembro de 2023

Charla informativa sobre a estadía de observación en Turín

María José Novo, coordinadora de infantil e mestra de música en primaria, impartíu unha interesante charla sobre a súa experiencia na estadía de observación Erasmus no Istituto Comprensivo Pacinotti en Turín, Italia, que tivo lugar o pasado no marco do noso proxecto Skills4Inclusion. 









Grazas, Mª José, por compartir as boas prácticas de inclusión, innovación e xestión educativas que levan a cabo nese e noutros centros que visitaches. Para saber máis sobre esta mobilidade, fai clic AQUÍ.

martes, 26 de setembro de 2023

Día Europeo das Linguas

 Hoxe é un día especial no colexio! Como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, o 26 de setembro de cada ano celebramos o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa do Consello de Europa para valorar a diversidade lingüística e cultural do noso continente. Hoxe en día en Europa fálanse máis de 200 linguas!

Visita o blog de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo para ver como celebramos esta conmemoración.







luns, 25 de setembro de 2023

Charla informativa sobre a estadía de observación en Oeiras (Portugal)

 Laura Velasco, profesora de primaria e especialista en audición e linguaxe, ven de compartir co claustro a súa experiencia na mobilidade Erasmus en Oeiras, Portugal, logo da estadía de observación no Agrupamento de Escolas Sao Bruno o pasado mes de maio.









Grazas, Laura, por expor de forma tan clara e precisa as boas prácticas de inclusión e innovación educativa que se levan a cabo alí e que xa comezamos a importar coa posta en marcha do Recuncho TEACCH en 4º de primaria.


venres, 22 de setembro de 2023

Charla informativa sobre a mobilidade con alumnado en Barcelos

 Chus Corral, Carmen García, María José Gil e Quico Rodríguez veñen de presentar ao claustro a súa excelente experiencia na mobilidade co alumnado de 3º da ESO ao Agrupamento de Escolas de Barcelos, Portugal, enmarcada no noso proxecto Erasmus Skills4Inclusion.





Podes consultar o día a día desta mobilidade nesta ligazón.

mércores, 20 de setembro de 2023

Charla sobre inclusión educativa logo da mobilidade en Praga

 Velaquí varias imaxes da charla informativa impartida por María José Gil logo da súa mobilidade en Praga o pasado mes de abril para asistir a un curso sobre inclusión educativa enmarcado no proxecto Erasmus Skills4Inclusion.


María José compartíu os principios do Deseño Universal para a Aprendizaxe e as pautas derivadas para atender ás necesidades de todos e cada un dos nosos alumnos. E incluso exemplos prácticos de como seleccionou e aplicou algúns dos mesmos na súa aula.







Thanks a million, María!

mércores, 13 de setembro de 2023

Charla sobre a competencia dixital logo da mobilidade en París

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, ven de compartir con nós a súa experiencia no curso Essential Skills for the Digital Age que tivo lugar en París o pasado mes de abril e que está enmarcado no proxecto Erasmus Skills4Inclusion. 


Ademais de repasar as normas de netiqueta con esta presentación elaborada polo seu alumnado, explicou os retos, as oportunidades e as ameazas que trae consigo a Intelixencia Artificial na educación así como ferramentas dixitais que podemos usar na práctica docente para ofrecer oportunidades de aprendizaxe a todo o alumnado.

Podes consultar a súa presentación sobre Intelixencia Artifical na educación aquí.

Grazas, Bea, por unha charla moi inspiradora!