martes, 7 de decembro de 2021

Convocatoria axudas de mobilidade do profesorado 2021-22

 O vindeiro xoves, día 9, ábrese o prazo para solicitar axudas para o profesorado para realizar mobilidades no marco do proxecto Erasmus KA1 "La eduación inclusiva en la escuela actual", coordinado polo CFR de Ourense e no que somos centro colaborador.

Velaquí a ligazón a convocatoria. 

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 16 de decembro.

xoves, 2 de decembro de 2021

3ª xornada formativa sobre o programa Erasmus

 A semana pasada tivo lugar a terceira sesión de formación coa nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, sobre o programa Erasmus + 2021-27.

Nesta ocasión centrámonos no proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching), actualmente en curso, no que colaboramos coa Universidade de Santiago de Compostela e centros educativos europeos para potenciar a creatividade, a innovación e o espíritu emprendedor empregando ferramentas dixitais.

Beatriz explicounos os obxectivos específicos do proxecto, as actividades a realizar, a metodoloxía baseada na resolución de problemas, a difusión, institucións participantes e o impacto sostible dentro e fóra do noso plan de desenvolvemento.





Grazas, Bea!

Actividade formativa no consorcio KA1 sobre inclusión

 A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, ven de dar unha sesión formativa no CFR de Ourense enmarcada no proxecto Erasmus + A Educación inclusiva na escola actual. 

Como o título indica, a finalidade do proxecto é fomentar a inclusión a través do intercambio de coñecementos e boas prácticas ao longo de 4 estadías de observación en centros de Grecia e Suecia e 3 cursos formativos en Atenas, Dublín e Praga, respectivamente.





Neste proxecto, coordinado polo CFR de Ourense, o noso colexio participa con 2 centros galegos, o CEIP Xosé Luis Taboada, de A Barrela, Lugo e o CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro de Crecente, Pontevedra.

Estade atentos!