A semana pasada tivo lugar a terceira sesión de formación coa nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, sobre o programa Erasmus + 2021-27.
Nesta ocasión centrámonos no proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching), actualmente en curso, no que colaboramos coa Universidade de Santiago de Compostela e centros educativos europeos para potenciar a creatividade, a innovación e o espíritu emprendedor empregando ferramentas dixitais.
Beatriz explicounos os obxectivos específicos do proxecto, as actividades a realizar, a metodoloxía baseada na resolución de problemas, a difusión, institucións participantes e o impacto sostible dentro e fóra do noso plan de desenvolvemento.
Grazas, Bea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario