martes, 23 de abril de 2019

Entrevista a Eva Pousa sobre a súa estadía en Helsinki

Eva Pousa ven de compartir con nós a súa experiencia en Helsinki logo de participar nunha visita estructurada a centros educativos fineses. Grazas, Eva!


Institución de acollida: English Matters. Structured course in Helsinki

1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Durante a miña estadía na capital finlandesa asistín xunto con outros 120 profesores de 12 nacionalidades europeas a seminarios e talleres introdutorios sobre o sistema educativo do país e visitas a centros educativos de distintos niveis educativos.

2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Ademais de talleres e seminarios, que permiten crear redes de traballo con profesores doutras nacionalidades, o máis destacado foron as visitas a centros escolares. Alí tiven a oportunidade de coñecer de primeira man como funcionan e intentar descubrir cal é a clave do éxito do sistema educativo finés. Foi unha viaxe de descubrimento interesante.
Outra das actividades nas que participei foron as saídas culturais, moi ligadas a metodoloxía “Contexts4Content”.

3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
A aproximación a un sistema educativo do que levaba tempo querendo saber máis.
A aproximación a metodoloxía “Contexts4Content”.

4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Compartir experiencias con outros docentes europeos.
Aprender máis sobre o sistema educativo finés.

5. Como cres que podería mellorar?
O único punto negativo ou susceptible de mellora sería o tempo que pasamos nos centros. Creo que unha forma de mellorar esta experiencia sería cun job-shadowing.

6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Como membro do departamento de inglés, a miña práctica docente verase reforzada polas conexións establecidas con mestres e profesores de inglés de varios países europeos; o que repercutirá no centro.

7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Si, aínda que penso que máis profesores deberían ter a oportunidade de desfutar dunha mobilidade.

9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Adiante! Pode costar ó principio pero é enriquecedor e motivador.

mércores, 10 de abril de 2019

Entrevista a María José Gil sobre a súa estadía en Crema

María José Gil ven de compartir con nós a súa experiencia en Crema, Italia, logo de participar nunha estadía de observación no Istituto de Instruzione Superiori Piero Safra. Non deixes de ler esta entrevista. 
Grazie tanti, María José!


Institución de acollida: Instituto P. Sraffa
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Estadía de observación con distintas actividades e workshops
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Workshops, observación de clases, participación nas clases, visitas culturais...
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
A observación das clases e os workshops.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Inmersión cultural, contrastar os puntos de vista como docentes dos nosos sistemas educativos, compartir ideas e conocer outra cultura e o seu enfoque da docencia.
5. Como cres que podería mellorar?
Máis tempo de estadía.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Ter un enfoque novo e máis amplo de como desarrollar as prácticas docentes, poder transmitir aos meus alumnos e compañeiros datos interesantes sobre outra cultura e o que me aportou coñecela de cerca así como a título personal me proporciona de novo ilusión polo meu traballo e por seguir aprendendo para ser mellor docente.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
Satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Por suposto, xa que é unha experiencia gratificante e única.
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que non o pensen máis e se decidan porque é unha experiencia única e irrepetible que solamente ten cousas positivas tanto a nivel personal como profesional.

sábado, 6 de abril de 2019

Última xornada en Helsinki


A estadía de Eva Pousa en Helsinki chegou a súa fin. No último día, pola mañá, Eva tivo a oportunidade de asistir a un seminario sobre a cooperación de entidades como museos cos centros educativos e o seu apoio e contribución ao sistema educativo finés no  Kansallismuseo. Esta sesión foi impartida por Hanna Korhonen, unha das museum educators, cuxa tarea é adaptar as exposiciçons ás necesidades dos centros a partir del curriculum nacional. Despois desta interesantísima sesión, percorreron as salas da historia más reciente de Finlandia acompañadas por un guía. 




Pola tarde, foi a Suomenlinna, que en 1991 foi declarada  Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como un monumento de arquitectura militar único e que aparecía no proxecto de 3º da ESO.



Para rematar, tomou un café con Eduardo Marín, director de English Matters, a quen lle amosou o blog do noso proxecto Erasmus + e de quen recibíu feedback moi positivo.
Thanks a million, Eva!
Looking forward to seeing you!!

venres, 5 de abril de 2019

5ª xornada en Helsinki


No seu 5º día en Finlandia, Eva Pousa, xunto con profesores de varios países, asistíu a un seminario  educación xeral e educación para adultos no municipio de Valkeakospi. O seminario foi impartido por Johanna Jokinen, directora de educación para adultos, e por Silja Silvennolnen, directora xeral de educación. Eva adiántanos que a idea clave do seminario foi a inclusión, xusto o tema central do noso proxecto Erasmus +.





Logo do seminario, visitou o colexio Roukko, un centro de primaria e secundaria pioneiro en bos modais como maneira de tratar o confito, que colabora co proxecto nacional KiVa-koulu para evitar situacións de acoso escolar. 




Como parte do seu plan de desenvolvemento, o centro preve dotar ao alumnado desde 4º de primaria en adiante dun ordeador persoal Chromebook, unha iniciativa coa que, porén, non todo o profesorado está dacordo.
Pola tarde, Eva tivo a oportunidade de percorrer Tampere, unha cidade que no cole coñecemos ben grazas ao proxecto Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle. Visita oblog de Postcrossing para saber máis.
Grazas, Eva!

xoves, 4 de abril de 2019

4ª xornada en Helsinki

No seu 4º día en Finlandia, Eva Pousa visitou un centro de bacharelato en Helsinki acompañada por docentes de 6 nacionalidades: alemá, croata, grega, italiana, francesa e portuguesa. Alí foron recibidos por Annukka Kosonen, profesora de español, inglés e coordinadora dos programas Erasmus+ do centro e pola súa nova directora, Susanna Kalmari.





Annukka explicoulles o funcionamento do centro e os proxectos que levan a cabo. Despois, incorporouse á charla Juan, un alumno hondureño que forma parte do grupo de International Ambassadors. Juan contoulles contó como foi a súa adaptación ao sistema finés e afirmou que o que máis lle gusta do sistema é a a liberdade e independencia que teñen os alumnos para elixir e realizar os seus estudios, algo que tamén destacou Annukka.
Annukka, pola súa banda, compartíu o que ela considera son as claves do éxito do sistema finés:

  • a calidade da educación primaria
  • o respecto e admiración da sociedade polos profesores
  • a importancia da lectura
  • os descansos entre as sesións
a escasa carga burocrática e administrativa dos profesores
Porén, Annuka tamén mencionou aspectos preocupantes na realidade educativa en Finlandia; en concreto expresou as súas reservas con respecto a unha idea que está tomando forza: a escola ten que ser divertida, hai que gamificar as aulas. O feito de que todo teña que ser divertido pode traer consigo que moitos alumnos non valoren o esforzo e teñan baixa tolerancia ao fracaso, algo que no centro tamén nos preocupa e que estamos a abordar cunha avaliación máis formativa.
De todo isto nos falará Eva a súa volta!!
Grazas, Eva!

mércores, 3 de abril de 2019

A prensa faise eco da mobilidade en Helsinki

A mobilidade de Eva Pousa en Helsinki, hoxe no Xornal Escolar. Gracias a Diario La Región pola difusión!




3ª xornada en Helsinki


No seu 3º día en Helsinki, Eva Pousa tivo a oportunidade de visitar unha escola de secundaria, a Saarnilaakson koulu en Espoo, un concello cerca de Helsinki.


Alí entrevistouse coa coordinadora de programas internacionais, Hanslin Kirsi, e co director, Jukka Kuittinen. Ademais, asistíu a varias sesións e tomou boa nota da realidade educativa observada. É, segundo Eva, difícil de resumir a experiencia en poucas palabras. A modo de avance, destacaría o ambiente distendido e relaxado nas aulas; que os alumnos síntanse cómodos é unha prioridade para garantir a aprendizaxe e evitar o absentismo. O uso das TIC, ademais, está moi integrado pero sempre tendo en mente que son un medio, nunca un fin en si mesmo.









Eva adianta tamén que hai moitas diferenzas e algunhas semellanzas co sistema educativo español e nolas achegará na reunión informativa de maio. Estamos desexando descubrilas!
Grazas, Eva!

martes, 2 de abril de 2019

2ª xornada en Helsinki


Eva Pousa comparte con nós a súa experiencia na segunda Xornada de formación en Helsinki!


Pola mañá, tivo a oportunidade de participar nun percorrido guiado no que coñeceu a historia e cultura de Helsinki.


 Despois, tivo unha sesión formativa con Anna Nolvi, profesora universitaria, quen ofreceu unha visión do sistema educativo finés desde a perspectiva de profesora e de nai: "Unha profesión na que é difícil entrar pero na que un é feliz" describe o seu punto de vista.




A segunda sesión, impartida por Vesa Ryhänen, tratou sobre os retos do sistema finés, algúns dos cales, segundo Eva, coinciden cos retos do noso sistema.




Estamos desexando saber máis! Grazas, Eva!!

luns, 1 de abril de 2019

Hei desde Helsinki!

Eva Pousa xa está en Helsinki e comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada!


Pola mañá visitou a cidade seguindo as recomendacións dos alumnos de 3º ESO-A: a catedral luterana, a praza do Senado e a catedral ortodoxa Uspenski. Tamén paseo polo centro e entrou no mall Stockmann, outra das recomendacións dos alumnos.




Pola tarde, asistíu á primeira xornada do curso na que coincidíu con máis de 120 profesores de 12 nacionalidades. Vesa Ryhänen impartíu unha charla moi interesante sobre a historia de Finlandia e como esta repercutiu na educación. Eva quédase cunha frase moi significativa: “Non temos pazos en Finlandia pero temos grandes servizos públicos e estamos orgullosos deles, especialmente das bibliotecas”.





Grazas, Eva!