Eva Pousa xa está en Helsinki e comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada!
Pola mañá visitou a cidade seguindo as
recomendacións dos alumnos de 3º ESO-A: a catedral luterana, a praza do Senado e
a catedral ortodoxa Uspenski. Tamén paseo polo centro e entrou no mall
Stockmann, outra das recomendacións dos alumnos.
Pola tarde, asistíu á primeira xornada
do curso na que coincidíu con máis de 120 profesores de 12 nacionalidades. Vesa
Ryhänen impartíu unha charla moi interesante sobre a historia de Finlandia e como
esta repercutiu na educación. Eva quédase cunha frase moi significativa: “Non
temos pazos en Finlandia pero temos grandes servizos públicos e estamos
orgullosos deles, especialmente das bibliotecas”.
Grazas, Eva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario