A estadía de Eva Pousa
en Helsinki chegou a súa fin. No último día, pola mañá, Eva tivo a oportunidade
de asistir a un seminario sobre a cooperación de entidades como museos cos
centros educativos e o seu apoio e contribución ao sistema educativo finés
no Kansallismuseo. Esta sesión foi
impartida por Hanna Korhonen, unha das museum
educators, cuxa tarea é adaptar as exposiciçons ás necesidades dos centros a
partir del curriculum nacional. Despois desta interesantísima sesión,
percorreron as salas da historia más reciente de Finlandia acompañadas por un
guía.
Pola tarde, foi a
Suomenlinna, que en 1991 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como un
monumento de arquitectura militar único e que aparecía no proxecto de 3º da ESO.
Para rematar, tomou un
café con Eduardo Marín, director de English Matters, a quen lle amosou o blog
do noso proxecto Erasmus + e de quen recibíu feedback moi positivo.
Thanks
a million, Eva!
Looking
forward to seeing you!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario