No seu
5º día en Finlandia, Eva Pousa, xunto con profesores de varios países, asistíu a
un seminario educación xeral e educación para adultos no municipio de
Valkeakospi. O seminario foi impartido por Johanna Jokinen, directora de
educación para adultos, e por Silja Silvennolnen, directora xeral de educación.
Eva adiántanos que a idea clave do seminario foi a inclusión, xusto o tema
central do noso proxecto Erasmus +.
Logo
do seminario, visitou o colexio Roukko, un centro de primaria e secundaria pioneiro
en bos modais como maneira de tratar o confito, que colabora co proxecto
nacional KiVa-koulu para evitar situacións de acoso escolar.
Como
parte do seu plan de desenvolvemento, o centro preve dotar ao alumnado desde 4º
de primaria en adiante dun ordeador persoal Chromebook, unha iniciativa coa
que, porén, non todo o profesorado está dacordo.
Pola
tarde, Eva tivo a oportunidade de percorrer Tampere, unha cidade que no cole
coñecemos ben grazas ao proxecto Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle. Visita oblog de Postcrossing para saber máis.
Grazas,
Eva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario