martes, 23 de abril de 2019

Entrevista a Eva Pousa sobre a súa estadía en Helsinki

Eva Pousa ven de compartir con nós a súa experiencia en Helsinki logo de participar nunha visita estructurada a centros educativos fineses. Grazas, Eva!


Institución de acollida: English Matters. Structured course in Helsinki

1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Durante a miña estadía na capital finlandesa asistín xunto con outros 120 profesores de 12 nacionalidades europeas a seminarios e talleres introdutorios sobre o sistema educativo do país e visitas a centros educativos de distintos niveis educativos.

2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Ademais de talleres e seminarios, que permiten crear redes de traballo con profesores doutras nacionalidades, o máis destacado foron as visitas a centros escolares. Alí tiven a oportunidade de coñecer de primeira man como funcionan e intentar descubrir cal é a clave do éxito do sistema educativo finés. Foi unha viaxe de descubrimento interesante.
Outra das actividades nas que participei foron as saídas culturais, moi ligadas a metodoloxía “Contexts4Content”.

3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
A aproximación a un sistema educativo do que levaba tempo querendo saber máis.
A aproximación a metodoloxía “Contexts4Content”.

4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Compartir experiencias con outros docentes europeos.
Aprender máis sobre o sistema educativo finés.

5. Como cres que podería mellorar?
O único punto negativo ou susceptible de mellora sería o tempo que pasamos nos centros. Creo que unha forma de mellorar esta experiencia sería cun job-shadowing.

6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Como membro do departamento de inglés, a miña práctica docente verase reforzada polas conexións establecidas con mestres e profesores de inglés de varios países europeos; o que repercutirá no centro.

7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio

8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Si, aínda que penso que máis profesores deberían ter a oportunidade de desfutar dunha mobilidade.

9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto

10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Adiante! Pode costar ó principio pero é enriquecedor e motivador.

Ningún comentario:

Publicar un comentario