Eva Pousa comparte con nós a súa experiencia na
segunda Xornada de formación en Helsinki!
Pola mañá, tivo a oportunidade de participar nun
percorrido guiado no que coñeceu a historia e cultura de Helsinki.
Despois,
tivo unha sesión formativa con Anna Nolvi, profesora universitaria, quen
ofreceu unha visión do sistema educativo finés desde a perspectiva de profesora
e de nai: "Unha profesión na que é difícil entrar pero na que un é
feliz" describe o seu punto de vista.
A segunda sesión, impartida por Vesa Ryhänen, tratou sobre os retos do sistema finés, algúns dos
cales, segundo Eva, coinciden cos retos do noso sistema.
Estamos desexando saber máis! Grazas, Eva!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario