No seu 4º día en Finlandia, Eva Pousa visitou un
centro de bacharelato en Helsinki acompañada por docentes de 6 nacionalidades:
alemá, croata, grega, italiana, francesa e portuguesa. Alí foron recibidos por
Annukka Kosonen, profesora de español, inglés e coordinadora dos programas
Erasmus+ do centro e pola súa nova directora, Susanna Kalmari.
Annukka explicoulles o funcionamento do centro e
os proxectos que levan a cabo. Despois, incorporouse á charla Juan, un alumno hondureño
que forma parte do grupo de International
Ambassadors. Juan contoulles contó como foi a súa adaptación
ao sistema finés e afirmou que o que máis lle gusta do sistema é a a liberdade
e independencia que teñen os alumnos para elixir e realizar os seus estudios, algo
que tamén destacou Annukka.
Annukka, pola súa banda,
compartíu o que ela considera son as claves do éxito do sistema finés:
- a calidade da educación primaria
- o respecto e admiración da sociedade polos profesores
- a importancia da lectura
- os descansos entre as sesións
a escasa carga burocrática e administrativa dos
profesores
Porén, Annuka tamén mencionou aspectos
preocupantes na realidade educativa en Finlandia; en concreto expresou as súas
reservas con respecto a unha idea que está tomando forza: a escola ten que ser
divertida, hai que gamificar as aulas. O feito de que todo teña que ser
divertido pode traer consigo que moitos alumnos non valoren o esforzo e teñan
baixa tolerancia ao fracaso, algo que no centro tamén nos preocupa e que estamos
a abordar cunha avaliación máis formativa.
De todo isto nos falará
Eva a súa volta!!
Grazas, Eva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario