No seu 3º día en Helsinki, Eva Pousa tivo a
oportunidade de visitar unha escola de secundaria, a Saarnilaakson
koulu en Espoo, un concello cerca de Helsinki.
Alí entrevistouse coa coordinadora de programas internacionais, Hanslin Kirsi, e co
director, Jukka Kuittinen. Ademais, asistíu a varias sesións e tomou boa nota da
realidade educativa observada. É, segundo Eva, difícil de resumir a experiencia
en poucas palabras. A modo de avance, destacaría o ambiente distendido e relaxado
nas aulas; que os alumnos síntanse cómodos é unha prioridade para garantir a
aprendizaxe e evitar o absentismo. O uso das TIC, ademais, está moi integrado pero
sempre tendo en mente que son un medio, nunca un fin en si mesmo.
Eva adianta tamén que hai moitas diferenzas e
algunhas semellanzas co sistema educativo español e nolas achegará na reunión
informativa de maio. Estamos desexando descubrilas!
Grazas, Eva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario