O CPR
Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle é un centro educativo concertado cunha oferta educativa
que abrangue desde o 1º curso do 2º ciclo de educación infantil (3 anos) ata o
2º curso de bacharelato, con ensino gratuíto sostido con fondos públicos desde
3 anos ata o 4º curso da educación secundaria obrigatoria (ESO). Na actualidade
conta cunha plantilla de 38 profesores que imparten docencia e orientación
educativa a un total de 404 alumnos, 52 dos cales cursan educación infantil,
144 alumnos educación primaria, 161 ESO e 47 bacharelato.
En liñas
xerais, a finalidade do noso centro é garantir unha formación integral do
alumnado que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade e do seu
talento, acadando unha imaxe positiva e equilibrada de sí mesmos e da contorna
na que viven para o exercicio dos seus dereitos e deberes como cidadáns.
Ademais, e en estreita relación con esta finalidade, intentamos axudar ao
alumnado a adquirir autonomía persoal para cursar con aproveitamento as etapas
educativas propias das ensinanzas obligatoria e post-obligatoria ou para a
inserción laboral.
O centro
conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de prácticas educativas
innovadoras, nas que se fomentan as competencias clave e a creatividade, o
talento e a cooperación a través de proxectos recoñecidos empregando as novas
tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
Cada ano, o centro celebra un evento plurilingüe, intercultural e interdisciplinar de 3 días de duración, o Festival do Libro, cuxa calidade foi recoñecida na publicación dun artigo no número 17 (inverno 2015) da revista Educación 3.0:
Cada ano, o centro celebra un evento plurilingüe, intercultural e interdisciplinar de 3 días de duración, o Festival do Libro, cuxa calidade foi recoñecida na publicación dun artigo no número 17 (inverno 2015) da revista Educación 3.0:
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Libro, este evento cumpre moitos dos obxectivos incluídos no noso proxecto Erasmus +: dá cabida a diferentes culturas e idiomas, sendo os alumnos de diferentes países os encargados de presentar un aspecto definitorio da súa cultura a través da literatura e da arte en xeral; require unha participación activa por parte do alumnado, encargado de propoñer e organizar un programa de actividades, e achega a comunidade escolar á cidade e a outros países xa que cada ano son convidados artistas locais e autonómicos de forma presencial e europeos vía vídeo-conferencia.
Outro
proxecto, Ciencia Activa, foi recoñecido con varios galardóns como exemplo de
proxecto inclusivo e de aprendizaxe entre pares, recibindo o 1º premio no
concurso Espiral Edublogs, no curso 2015-16 por un blog de alumnos de ESO e o 3º premio no mesmo concurso por un blog de alumnos de bacharelato no curso
2014-15. A súa calidade, ademais, queda patente nun artigo publicado no número 72 (decembro 2016) da Revista Galega do Ensino (EDUGA).
Con respecto
á multiculturalidade, internacionalización e dimensión europea, o centro intenta
promover a aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras, AICLE a través de seccións bilingües e proxectos plurilingües. Dispoñemos de dúas
seccións bilingües en inglés nas materias de plástica en 6º de primaria e
educación física en todos os cursos da ESO. Cada ano, levamos a cabo diferentes
actividades para conmemorar o Día Europeo das Linguas:
E coordinamos varios proxectos e-Twinning con centros de diversos países:
Ademais, puxemos en marcha un proxecto de centro en inglés
de envío e recepción de postais e libretas viaxeiras a máis de 20 países, que
dá a coñecer a nosa cidade ao mundo e axuda ao alumnado a valorar o noso
patrimonio cultural e natural así como a multiculturalidade:
Postcrossing at
Padre Feijoo Zorelle foi recoñecido como proxecto innovador pola prensa local e elixido finalista no premio Espiral Edublogs 2016.
Outra experiencia
relacionada coa multiculturalidade e a internacionalización atópase na coordinación
dun proxecto solidario no que o coro do centro gravou un vídeoclip con coros de
diversos países, e que contou co apoio de institucións locais como a Deputación
de Ourense, a Cruz Vermella e Termatalia:
Máis
evidencia da internacionalización do centro atópase na colaboración do mesmo coa Asociación de Estudantes Erasmus de Ourense en actividades en inglés e francés e
coa asociación D3N3 para a acollida de estudantes americanos que desexen
realizar prácticas para formarse como profesores no noso centro.
Para saber máis, visita o sitio web do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario