A prensa faise eco da estadía de Eva Pousa en Helsinki!
Blog dos proxectos Erasmus + que se levan a cabo no colexio.
Páxinas
- Inicio
- Benvida
- O noso centro
- O noso proxecto 2017-18
- O noso proxecto 2018-20
- Proxecto DTICEQT 2021-23
- Proxecto IDEFFO 2021-23
- Skills4Inclusion 2022-24
- Southampton
- Turín
- Londres
- Brunswick
- Brighton
- Helsinki
- Karlshamn
- Florencia
- Vizela
- Leeds
- Dublín
- Crema
- Barcelos
- Atenas
- Praga
- París
- Oeiras
- Roma
- PDE
- Entrevistas
- Mini proxectos dos alumnos
- Nos visitan
- Difusión
- Contacto
sábado, 30 de marzo de 2019
venres, 29 de marzo de 2019
Boa viaxe, Eva!
A nosa secretaria, Eva Pousa, chegará mañá a Helsinki,
para participar nun evento formativo formativo dirixido a profesores de centros
educativos de toda Europa.
Ao longo de 6 días, Eva terá a oportunidade de visitar
escolas de Finlandia nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque
pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistaráse con
profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e
sociocultural en Finlandia e no noso país e para sentar as bases de futuros
proxectos de colaboración.
Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no
centro xa que os alumnos de 3º da ESO, supervisados por Chus Corral, elaboraron un diario de viaxe con información útil sobre Helsinki e fixeron unhaexposición sobre Finlandia para facilitar a estadía de Eva nos próximos días.
Boa viaxe, Eva!
xoves, 28 de marzo de 2019
3ª xornada en Crema
María José Gil comparte varias imaxes do seu terceiro día de estadía no Istituto de Instruzione Superiori Piero Safra en Crema, Italia. Nesta xornada asistíu a un obradoiro de escritura creativa conducido por unha escritora que lles deu pautas aos alumnos acerca de como escribir unha historia. Ademais, as historias versaban sobre a saída do día anterior ao xacemento arqueolóxico Capo di Ponte; unha maneira extraordinaria, segundo María José, de reter e comprender mellor o aprendido nesa experiencia!
Logo deste obradoiro, María José tivo a oportunidade de facer unha exposición sobre o noso centro e a nosa cidade e, do mesmo xeito, foi a destinataria dunha exposición sobre o istituto Piero Safra e a cidade de Crema feita polos alumnos.
Grazas de novo, María José!
mércores, 27 de marzo de 2019
Mini proxecto sobre Helsinki
A
menos de 3 días para que Eva Pousa comece a súa mobilidade en Helsinki, a clase
de 3º ESO-A, coordinados pola súa titora Chus Corral, ven de facer unha
interesante exposición sobre a capital de Finlandia. Grazas por informar tan
ben a Eva sobre a historia, xeografía, cultura, gastronomía e lecer de
Helsinki, o que sen dúbida vai facer da súa estadía algo moi significativo!
martes, 26 de marzo de 2019
2ª xornada en Crema
O segundo día da estadía de María José Gil en Crema foi moi inspirador! Os alumnos asumiron o rol de guías e convidaron a María José a un tour guiado pola cidade durante o que lle explicaron a historia e varios rasgos arquitectónicos.
Pola tarde, María José participou nunha saída a capo di Ponte na que, de novo, os alumnos foron quen de informarlle acerca da historia e o valor artístico das pinturas rupestres que alí se atopan.
Grazas María José por manternos informados! Seguimos atentos!!
Entrevista a Beatriz Temes sobre a súa mobilidade en Dublín
Beatriz Temes ven de compartir con nós a súa experiencia en Dublín, Irlanda, logo de participar nunha visita de estudos estruturada a centros educativos en Irlanda. Non deixes de ler esta entrevista. Thanks a lot, Bea!
Institución de acollida: English
matters
1. Podes describir brevemente en que
consistiu a túa mobilidade?
Formación
sobre a historia e o sistema educativo irlandés, visitas a diferentes colexios
con profesorado de 16 países distintos e posta en común.
2. Que tipo de actividades levaches a
cabo durante a mobilidade?
Asistir
a charlas de formación sobre la educación en Irlanda no National College e nos
centros visitados.
Visitas
estructuradas a tres centros de características diferentes.
Interacción
co profesorado e alumnado deses centros.
Interacción
e dinámicas de grupo co profesorado participante no mesmo curso Erasmus+.
Excursións organizadas dentro do curso.
Realización
dun traballo en grupo para posta en común sobre o aprendido e a súa
repercusión.
3.
Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Similitudes na metodoloxía e curriculum da materia de
bioloxía.
A toma de ideas, por exemplo actividades de reciclaxe
de plásticos que vimos nas visitas aos centros,
para empregar na clase cando sexa o estudio da morfoloxía das plantas.
4.
Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A comparación ca realidade das aulas en Irlanda ca
miña experiencia persoal.
Encantoume o contacto directo cos estudiantes e o
profesorado irlandés no seu día a día.
Mellora da miña competencia lingüística en inglés.
Análise e intercambio de opinións sobre o
característico do sistema educativo irlandés con outros compañeiros do curso de
diferentes países europeos.
Dinámicas de grupo para a reflexión do aprendido no
curso, intercambio de ideas e feed-back.
Posibilidades de establecer contactos con profesores
de diferentes países para proxectos e colaboracións futuras.
Xa concretamos una colaboración de bioloxia para este
mes de marzo cunha profesora de Letonia, e outra a través de e-twining.
5. Como cres que podería mellorar?
Sería bo que nunha semana se poideran visitar máis
centros educativos.
6.
Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no
centro?
Máis proxectos de colaboración con escolas doutros
países de Europa na materia que imparto e noutras.
Contaxiar a gañas de seguir formándome e transmitir o
aprendido ao alumnado e compañeiros.
7.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8.
Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto
Erasmus+?
Si, por suposto. Estou desexando poder facelo de novo.
9.
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10.
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha
mobilidade?
Que é unha oportunidade única para abrir a mente, e
actualizarnos no noso traballo e facelo dun xeito activo, unha mellora a nivel
persoal e profesional.
Que
no desaproveiten a oportunidade!
luns, 25 de marzo de 2019
Ciao da Crema!
María José Gil comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada no Istituti Istruzione Superiori Piero Safra en Crema, Italia.
Logo dun tour guiado polas dependencias do centro, asistíu a varias sesións nas que puido observar como empregan as tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento (TAC) no día a día na aula. Ademais, varios alumnos do centro lle fixeron unha presentación de Crema e dos aspectos máis característicos da historia e cultura de Italia.
Grazas, María José, por manternos informados!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)