María José Gil comparte con nós varias imaxes da súa primeira xornada no Istituti Istruzione Superiori Piero Safra en Crema, Italia.
Logo dun tour guiado polas dependencias do centro, asistíu a varias sesións nas que puido observar como empregan as tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento (TAC) no día a día na aula. Ademais, varios alumnos do centro lle fixeron unha presentación de Crema e dos aspectos máis característicos da historia e cultura de Italia.
Grazas, María José, por manternos informados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario