No penúltimo día en Dublín, Beatriz Temes e María José Novo visitaron Glendalough con profesores de diferentes países europeos!
Glendalough (O val dos mil lagos) é un conxunto monasterial situado no Condado de Wicklow ao sur de Dublín. Foi creado no século VI por San Kevin e a maioría dos edificios foron completados entre os séculos VIII e XII, o que fixo de Glendalough un importante centro de peregrinaxe que honra a memoria do santo.
Xa de volta en Dublín, fixeron a visita obrigada a un pub irlandés, a mellor maneira de despedir unha experiencia inesquecible.
Estamos atentos! Thanks a lot!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario