Beatriz Temes ven de compartir con nós a súa experiencia en Dublín, Irlanda, logo de participar nunha visita de estudos estruturada a centros educativos en Irlanda. Non deixes de ler esta entrevista. Thanks a lot, Bea!
Institución de acollida: English
matters
1. Podes describir brevemente en que
consistiu a túa mobilidade?
Formación
sobre a historia e o sistema educativo irlandés, visitas a diferentes colexios
con profesorado de 16 países distintos e posta en común.
2. Que tipo de actividades levaches a
cabo durante a mobilidade?
Asistir
a charlas de formación sobre la educación en Irlanda no National College e nos
centros visitados.
Visitas
estructuradas a tres centros de características diferentes.
Interacción
co profesorado e alumnado deses centros.
Interacción
e dinámicas de grupo co profesorado participante no mesmo curso Erasmus+.
Excursións organizadas dentro do curso.
Realización
dun traballo en grupo para posta en común sobre o aprendido e a súa
repercusión.
3.
Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Similitudes na metodoloxía e curriculum da materia de
bioloxía.
A toma de ideas, por exemplo actividades de reciclaxe
de plásticos que vimos nas visitas aos centros,
para empregar na clase cando sexa o estudio da morfoloxía das plantas.
4.
Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A comparación ca realidade das aulas en Irlanda ca
miña experiencia persoal.
Encantoume o contacto directo cos estudiantes e o
profesorado irlandés no seu día a día.
Mellora da miña competencia lingüística en inglés.
Análise e intercambio de opinións sobre o
característico do sistema educativo irlandés con outros compañeiros do curso de
diferentes países europeos.
Dinámicas de grupo para a reflexión do aprendido no
curso, intercambio de ideas e feed-back.
Posibilidades de establecer contactos con profesores
de diferentes países para proxectos e colaboracións futuras.
Xa concretamos una colaboración de bioloxia para este
mes de marzo cunha profesora de Letonia, e outra a través de e-twining.
5. Como cres que podería mellorar?
Sería bo que nunha semana se poideran visitar máis
centros educativos.
6.
Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no
centro?
Máis proxectos de colaboración con escolas doutros
países de Europa na materia que imparto e noutras.
Contaxiar a gañas de seguir formándome e transmitir o
aprendido ao alumnado e compañeiros.
7.
En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8.
Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto
Erasmus+?
Si, por suposto. Estou desexando poder facelo de novo.
9.
Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10.
Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha
mobilidade?
Que é unha oportunidade única para abrir a mente, e
actualizarnos no noso traballo e facelo dun xeito activo, unha mellora a nivel
persoal e profesional.
Que
no desaproveiten a oportunidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario