María José Novo ven de compartir con nós a súa experiencia en Dublín, Irlanda, logo de participar nun curso de actualización lingüística en inglés. Non deixes de ler esta entrevista. Thanks a lot, María José!
Institución de acollida: English Matters
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
A miña mobilidade consistió nun curso de actualización lingüística para mellorar as competencias na lingua inglesa.
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Clases expositivas e de actividades e dinámicas para traballar os diferentes contidos do curso. As visitas á cidade, museos, monumentos, excursións...foron unha forma lúdica de aprender e mergullarme no idioma.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Coñecer in situ a cultura irlandesa é a mellor forma de facer inmersión na lingua inglesa. Descubrir os seus costumes, monumentos, museos, lendas, comidas, tradicións, deportes, música, ...Unha visión moi completa deste país.
Tamén resaltaría a importancia do traballo en equipo cos meus compañeiros para lograr un fin común e a posibilidade de realizar proxectos con outras escolas e profesores.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Foi unha experiencia moi positiva por darme a oportunidade de mellorar o meu nivel de inglés pero sobre todo por compartir experiencias educativas con outros profesores de distintos lugares de Europa.
O traballo en equipo foi o máis enriquecedor a nivel persoal e profesional.
5. Como cres que podería mellorar?
A organización do curso, temario e actividades estaban moi ben estruturadas. O profesorado e organizadores sempre atentos ás nosas necesidades. Nada negativo que sinalar.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Sen dúbida, puiden mellorar as miñas habilidades lingüísticas no uso do inglés en situacións cotiás e como medio de comunicación na aula especialmente na fluidez oral, vocabulario e pronuncia. Este curso tamén axuda ao profesorado para mellorar o inglés co fin de poder participar con maior soltura en cursos Erasmus +.
Ademais o coñecemento sobre da cultura irlandesa permitirame transmitirlla aos meus alumnos e realizar proxectos sobre a mesma.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sen dúbida
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Convidaría os meus compañeiros a vivir esta magnífica experiencia polos seus múltiples beneficios non só a nivel profesional senón tamén a nivel persoal. É realmente enriquecedor ver outros puntos de vista e descubrir que hai moitos compañeiros interesados, coma nós, pola mellora da educación. É unha experiencia inesquecible!
Ningún comentario:
Publicar un comentario