xoves, 28 de marzo de 2019

3ª xornada en Crema

María José Gil comparte varias imaxes do seu terceiro día de estadía no Istituto de Instruzione Superiori Piero Safra en Crema, Italia. Nesta xornada asistíu a un obradoiro de escritura creativa conducido por unha escritora que lles deu pautas aos alumnos acerca de como escribir unha historia. Ademais, as historias versaban sobre a saída do día anterior ao xacemento arqueolóxico Capo di Ponte; unha maneira extraordinaria, segundo María José, de reter e comprender mellor o aprendido nesa experiencia!











Logo deste obradoiro, María José tivo a oportunidade de facer unha exposición sobre o noso centro e a nosa cidade e, do mesmo xeito, foi a destinataria dunha exposición sobre o istituto Piero Safra e a cidade de Crema feita polos alumnos.





Grazas de novo, María José!

Ningún comentario:

Publicar un comentario