martes, 12 de marzo de 2019

Recepción na Deputación de Ourense

Simone e Nicole, dúas profesoras de Brunswick que están a visitarnos, foron recibidas polo presidente da Deputación. Acompañadas pola secretaria do centro e pola coordinadora de programas europeos, foron quen de compartir con D. José Manuel Baltar os obxectivos e impacto dos proxectos Erasmus + nos que colaboran ambos centros e que xiran en torno a innovación metodolóxica, a inclusión educativa e o plurilingüismo.






O presidente foi moi amable ao informar ás profesoras sobre o labor da institución que preside e dos vínculos entre a Deputación e institucións doutros países.
Moitas grazas á Deputación de Ourense por unha acollida excepcional!


Ningún comentario:

Publicar un comentario