Bea Nieto, Carmen García e
María José Gil acaban de chegar a Barcelos para participar na 1ª mobilidade do
proxecto Erasmus + KA2 #DTICEQT (Digital Technology, Imagination, Creativity
and Entrepreneurship for a High Quality Teaching), coordinado pola Universidade
de Santiago de Compostela e no que participan 7 institucións educativas
europeas para fomentar a creatividade e o espírito emprendedor a través do uso
de ferramentas dixitais.
Como centro piloto do
proxecto, imos elaborar e usar material didáctico para aplicar o enfoque
baseado na resolución de problemas nas materias de historia, inglés e lingua
castelá e galega e colaboraremos co Agrupamento de Escolas de Barcelos para
intercambiar boas prácticas.
Estade atent@s!