venres, 22 de marzo de 2019

Buon viaggio, María José!

A nosa profesora de inglés, María José Gil, viaxará á cidade italiana de Crema para participar nunha estadía de observación no Istituti Istruzione Superiori Piero Safra.




Ao longo de 5 días, María José terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademais, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en Italia e no noso país e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.
Boa viaxe, María José!


Ningún comentario:

Publicar un comentario