Como recordaredes, Beatriz Temes, xefa de estudos, e María José Novo, coordinadora de infantil, viaxaron o pasado mes de febreiro a Dublín para importar boas prácticas do sistema educativo irlandés e actualizar a súa competencia en inglés.
Onte pola tarde, compartiron co claustro do profesorado información útil e impresións acerca dos centros que visitaron, as diferencias entre o sistema irlandés e o noso, e os motivos polos que levar a cabo unha mobilidade Erasmus + trae consigo moitas vantaxes a nivel profesional e persoal.
Grazas por unha charla moi amena e enriquecedora!
Ningún comentario:
Publicar un comentario