A menos de tres días para que comece a 13ª mobilidade do noso proxecto
Erasmus +, os alumnos de 4º da ESO, supervisados por Diego Iglesias, veñen de completar un fantástico proxecto sobre Brunswick, a cidade alemá á que viaxará a nosa xefa de estudos para facer unha estadía na Realschule George Eckert.
Con moito enxeño, deseñaron unha caza do tesouro para que Beatriz Temes poida descubrir a información máis relevante da cultura e tradicións desta cidade, todo un exemplo de como gamificar a aprendizaxe.
Parabéns, rapaces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario