A nosa
xefa de estudos, Beatriz Temes, viaxará mañá a Brunskwick, a segunda ciudade da
Baixa Saxonia en Alemaña para participar nunha estadía de observación nun
instituto de educación secundaria, a RealSchule George-Eckert, un centro de
referencia polas súas medidas de atención á diversidade e polos seus programas
de mediación educativa.
Ao longo
de 5 días, Beatriz terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o
enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistarase
con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e
sociocultural en ambos centros e para sentar as bases de futuros proxectos de
colaboración.
Gute
reise, Bea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario