Beatriz Temes comparte con nós a súa experiencia en Brunswick, Alemania, logo de facer unha estadía de observación na RealSchüle George-Eckert. Danke schön, Bea!
Institución de
acollida: Realschule
Georg-Eckert-StraBe (Braunschweig)
1. Podes
describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
Na observación durante unha semana da actividade escolar
asistindo a vinte sesións de diferentes materias e integrándome no día a día do
centro.
2. Que tipo de
actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Asistir a clase de inglés, alemán, robótica, física e
bioloxía. Observación da vida cotiá na escola. Participar co
coro do profesorado. Colaborar ca profesora na materia de bioloxía.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
Os de
bioloxía e as aproximacións metodolóxicas que empregan.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
A realización
profesional e persoal e tamén a mellora de miña competencia en inglés xa que esta foi a lingua vehicular ao longo da miña estadía.
5. Como cres que podería mellorar?
Adquirindo
máis destrezas en inglés; agardo acadar o nivel C1 para sacarlle máis partido a este tipo de experiencias.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica
docente e no centro?
Transmitir e
compartir experiencias e ideas, así como participar en futuros proxectos
colaborativos.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi
satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun
proxecto Erasmus+?
SI
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles
dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Que non o dubiden!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario