martes, 3 de marzo de 2020

Formación de Eva Pousa no IES Xesús Taboada Chivite

Eva Pousa, a nosa secretaria e membro da comisión Erasmus + do noso centro, ven de impartir tres sesións de formación no IES Xesús Taboada Chivite de Verín sobre a elaboración, difusión, impacto e beneficios dos proxectos Erasmus +. As sesións tiveron lugar o 23 de xaneiro, 4 de febreiro e 28 de febreiro e foron xestionadas polo CFR de Ourense.







Foron tres sesións intensas nas que Eva compartíu a nosa experiencia na detección das áreas de mellora do centro, a redacción dunha solicitude, na xestión dun proxecto no que se refire á difusión, impacto e avaliación e o uso das plataformas dispoñibles como School Education Gateway e Twinning para a busca de socios, a colaboración e a difusión dos resultados.
Moitas grazas Eva, toda unha mostra do impacto sostible dos nosos proxectos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario