xoves, 11 de maio de 2023

XORNADA DE OBRADOIROS INTERACTIVOS EN BARCELOS

Os alumnos de 3º ESO continúan por terras portuguesas desfrutando da experiencia que lle brinda o proxecto Erasmus+ Skill4inclusion. Na xornada de hoxe participaron en obradoiros interactivos con brazos  robotizados, unha canastra electrónica feita polos alumnos do Agrupamento de escolas de Barcelos. Ademais, tiveron a oportunidade de experimentar con coches eléctrico dirixidos desde una app e tamén con drons!









Pola tarde e despois da experiencia da mañá, visitaron a localidade de Esponsende, o parque natural do Litoral do Norte, os castros de Sao Lourenço e o forte de Sao Joao Baptista.






Hai algunha maneira mellor de rematar a xornada que na praia cos compañeiros?



Grazas rapaces por compartir a vosa experiencia Erasmus+ con nós! Desfrutade da última xornada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario