Hoxe foi a primeira xornada para o grupo de 35 alumn@s de 3º de ESO, que acompañados de Mª José Gil, Mª Jesús Corral, Carmen García e Quico Rodríguez, están a participar nunha intensa semana de actividades no Agrupamento de escolas de Barcelos, socios colaboradores no proxecto Erasmus K226 #DTICEQT (Digital Technology,Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching).
Pola mañana, o noso alumnado desfrutou dunha visita guiada pola escola de secundaria, aprenderon sobre o funcionamento do sistema educativo de Portugal e visitaron varias clases de química, robótica e electrónica. Tiveron a oportunidade de coñecer diversos proxectos que os alumnos do centro que os acolle están a desenvolver.
Despois da intensa xornada de mañá, pola tarde percorreron a cidade de Barcelos visitando varios puntos de interese cultural e histórico como a Casa dos nobres de Barcelos, a Ponte de Barcelos, o Pelourinho de Barcelos, a Igreja Matriz Santa María a Maior, o monumento do galo de Barcelos e o Solar dos Pinheiros.
Agora toca repoñer forzas para a xornada de mañá! Moitas grazas por compartir con nós a vosa experiencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario