Velaquí varias imaxes da xornada de hoxe xoves que Mª José Novo comparte con nós. Hoxe puido coñecer en profundidade o funcionamento e metodoloxías aplicadas na Schola Manzoni de Turín. Despois de visitar as aulas de Educación infantil, Mª José asistiu a un obradoiro sobre materiais educativos Montessori, unha metodoloxía moi empregada hoxe en día nos centros educativos italianos.
A xornada continuou cunha sesión de arte e de programación sen o uso de aparatos tecnolóxicos. Moi interesante!
A profe Mª José rematou a xornada de hoxe observando unha sesión de inglés no laboratorio de idiomas e unha sesión de teatro.
Menuda xornada tan interesante e intensa! Moitas grazas Mª José! Estamos desexando que saber máis sobre a túa estadía de observación en Turín!
Ningún comentario:
Publicar un comentario