luns, 8 de maio de 2023

1ª xornada de estadía de observación da profesora Mª José Novo

Mª José Novo, coordinadora de Educación Infantil e mestra de música en Educación Primaria, vén de desfrutar da primeira xornada de estadía de observación no  Istituto Comprensivo Pacinotti en Turín, Italia.  Reencontrouse con mestras coñecidas como Mara, quen xunto con María Grazia, María, Ilenia e Valentina nos visitaron no curso pasado durante cinco intensos días.

Foi recibida por Franchesca, coordinadora dos Erasmus, quen lle presentou a membros do claustro docente. Ademais, visitou o Kindergarden e compartiu experiencias e unha intensa xornada coas profesoras de Educacion infantil.






Tamén tivo ocasión de desfrutar da marabillosa cidade de Turín e visitar vía Fossano con Mara e outras profesoras de Educación infantil.


Grazie mille, Mª José!

Ningún comentario:

Publicar un comentario