venres, 2 de marzo de 2018

Gute reise, Bea!


A coordinadora de noso proxecto, Beatriz Nieto, viaxará a próxima semana a Brunskwick, a segunda ciudade da Baixa Saxonia en Alemaña para participar nunha estadía de observación nun instituto de educación secundaria, a RealSchule George-Eckert, un centro de referencia polas súas medidas de atención á diversidade e polos seus programas de mediación educativa.





Ao longo de 6 días, Beatriz terá a oportunidade de observar clases reais para analizar o enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, entrevistarase con profesores para intercambiar información sobre a realidade educativa e sociocultural en ambos centros e para sentar as bases de futuros proxectos de colaboración.

Gute reise, Bea!

Ningún comentario:

Publicar un comentario