Logo da
súa estadía no Agrupamento de Escolas Infias en Vizela, Portugal, Tamara Silva impartíu
unha charla moi amena sobre a súa experiencia aos alumnos de 6º de primaria,
que elaboraran o mini proxecto sobre esta vila portuguesa. Con Tamara
descubriron as diferenzas entre as aulas portuguesas e as aulas de aquí, como
se ensina a educación física e como se motivan aos alumnos para que saquen o
máximo partido da súa aprendizaxe e do día a día na escola.
Muito obrigado, Tamara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario