martes, 19 de novembro de 2019

Entrevista a María José Novo sobre a súa estadía en Dublín

María José Novo comparte con nós a súa experiencia logo da súa estadía en Dublín onde fixo un curso CLIL. Thanks a million, María José!


Institución de acollida: ENGLISH MATTERS
1. Podes describir brevemente en que consistiu a túa mobilidade?
2. Que tipo de actividades levaches a cabo durante a mobilidade?
Actividades formativas con clases teóricas e tamén actividades prácticas con recursos para  a miña tarefa docente.
3. Que contidos foron os máis relevantes para a túa práctica docente?
O mellor foron os recursos e actividades plantexadas para impartir a miña materia en inglés.
4. Cales foron os aspectos máis positivos da experiencia?
Ademáis da formación teórica e práctica é moi enriquecedor compartir experiencias con profesores doutros países europeos que traballan xa con esta medoloxía.
5. Como cres que podería mellorar?
O curso está moi ben plantexado e non teño nada que apuntar.
6. Cal prevés pode ser o impacto da túa mobilidade na túa práctica docente e no centro?
Sen dúbida, se a miña formación como docente mellora, eso reflíctese no meu traballo na aula e beneficia os meus alumnos. Ademáis, compartir a miña experiencia cos meus compañeiros é positivo para todos xa que podemos ver as realidades de outros docentes preocupados por mellorar no seu día a día.
7. En xeral, que balance fas desta mobilidade?
Moi satisfactorio
8. Estarías disposto/a a participar noutra mobilidade dentro dun proxecto Erasmus+?
Sí, sen dúbida.
9. Recomendarías esta experiencia a outros profesores?
Por suposto
10. Que lles dirías a outros profesores que están pensando solicitar unha mobilidade?
Animarvos a participar porque é unha gran experiencia tanto a nivel profesional como persoal. Enriquece a nosa vida e nos da unha perspectiva distinta do noso traballo docente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario