venres, 1 de novembro de 2019

Have a good trip, María José!

A nosa coordinadora de infantil, María José Novo, chegará mañá a Dublín, para participar nun evento formativo dirixido a profesores de centros educativos de toda Europa.


Ao longo de 6 días, María José terá a oportunidade de visitar escolas de Dubín nas que observará clases reais para analizar o seu enfoque pedagóxico e importar boas prácticas docentes. Ademáis, recibirá formación sobre a metodoloxía AICLE (en inglés CLIL), que promove o ensino e aprendizaxe de contidos nunha lingua estranxeira..

Esta mobilidade xa está a ter un impacto moi positivo no centro xa que os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, supervisados por María José Gil, elaboraron un proxecto sobre Irlanda con información útil  e entregáronllo a María José para facilitar a súa estadía nos próximos días.


Have a safe trip, María José! Looking forward to hearing from you!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario