xoves, 31 de outubro de 2019

Proxecto sobre Irlanda


A menos de 3 días para que comece a 10ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, supervisados polos seus titores Tamara, Carlos e María, veñen de completar un fantástico proxecto sobre Irlanda. Alí viaxará o sábado a coordinadora de infantil e directora do coro, María José Novo para participar nunha actividade de formación sobre a metodoloxía AICLE (en inglés CLIL), que promove o ensino e aprendizaxe de contidos nunha lingua estranxeira.









María José terá a oportunidade de visitar centros escolares diferentes partes de Irlanda, exportar e importar boas prácticas e establecer contacto para futuros proxectos de internacionalización. Ademáis, poderá mellorar a súa competencia en inglés para potenciar o plurilingüismo na nosa comunidade escolar e aprender estratexias para integrar o inglés no ensino da música.
Congratulations on your awesome work!




Ningún comentario:

Publicar un comentario