venres, 26 de outubro de 2018

Mini proxecto sobre Florencia

A menos de 3 días para que comece a 1ª mobilidade do noso proxecto Erasmus +, os alumnos de oratoria de 1º de ESO, supervisados pola súa profesora Sara Perea, veñen de completar un fantástico proxecto sobre unha cidade excepcional, Florencia. Alí viaxará o domingo a coordinadora do noso proxecto Erasmus + para participar nun curso de inclusión educativa no que poderá familiarizarse co sistema educativo italiano e apender estratexias e técnicas para atender con eficacia ás necesidades dos alumnos.





Velaquí o proxecto dos alumnos; parabéns, rapaces! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario