Na terceira xornada da súa estadía de observación en Portugal, a profe Laura visitou a escola de São Bruno onde pasou a mañá na aula STEM entre os proxectos que desenvolveron este curso e os que están desenvolvendo agora mesmo. Trátase dunha horta multisensorial ou como como eles a denominan " estación meteorolóxica" que conta con vario sensores para medir a temperatura, presión atmosférica, humidade do solo e a luz. Ademais, os alumnos empregan a impresora 3D para deseñar os cartaces da horta.
Obrigado, Laura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario