Benvidos
ao blog dos proxectos Erasmus + do
CPR Padre Feijoo-Zorelle en Ourense.
De esquerda a dereita: Beatriz Temes (directora), Beatriz Nieto (xefa de estudos), Honorato Losada (titular e antigo director) e Eva Pousa (secretaria) |
Que é o programa Erasmus +?
O
Erasmus + é un programa europeo que ten a súa orixe no programa Erasmus, iniciado
no ano 1987 para ofrecer a alumnos
universitarios a posibilidade de cursar estudos durante un curso académico
nunha universidade noutro país membro da UE.
Desde o
2014, o programa ampliou o seu alcance e envergadura para ofrecer oportunidades
de formación non só no ámbito universitario, tamén nos ámbitos de educación,
formación, xuventude e deporte durante o período 2014-2020. O programa Erasmus + trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de
axudar aos nosos sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un
ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para
o mercado laboral e a sociedade actual e futura.
O programa abrangue diversas
posibles accións:
Acción clave 1 – Mobilidade das persoas
por motivos de aprendizaxe
Acción clave 2 – Cooperación para a
innovación e o intercambio de boas prácticas
Acción clave 3 – Apoio á reforma das
políticas
Accións Jean Monnet
Deporte
En España son dúas as organizacións designadas como axencias
nacionais para a xestión coordinada do programa Erasmus +: o Servizo Español paraa internacionalización da Educación (SEPIE), para o ámbito da educación e a
formación; e a Axencia Nacional Española (ANE).
Que presenza ten o programa Erasmus + no noso
centro?
En maio de 2017 o Servizo Español para a Internacionalización
da Educación (SEPIE) publicou o listado de axudas para proxectos Erasmus + Acción Clave K1 de mobilidade do
profesorado entre as que figura a dotación de 10.453€ para o noso proxecto: "A educación inclusiva para unha escola do século XXI", que
buscou a mellora da nosa xestión e da nosa calidade para favorecer a cohesión da comunidade escolar,
a inclusión como medio para fomentar a diversidade sociocultural e o talento individual; a ampliación das competencias profesionais e
lingüísticas da comunidade escolar, e a potenciación da internacionalización e
dimensión europea.
Este proxecto Erasmus + tivo unha duración dun curso académico (2017-2018), do 6 de setembro de 2017 ao 5 de setembro de 2018 e constou de sete mobilidades a distintos países europeos: tres mobilidades foron estadías de observación en centros educativos de Alemaña, Italia e Reino Unido dos que o noso profesorado importou boas prácticas de docencia, avaliación, xestión e atención á diversidade e aos que exportou dinámicas e prácticas de traballo do noso propio centro. Asemade, convidaron a cada centro a participar en proxectos plurilingües e interdisciplinares que foron recoñecidos como prácticas educativas innovadoras. As catro mobilidades restantes foron eventos de formación en Reino Unido, Finlandia e Suecia que trataron sobre a xestión educativa, o ensino de idiomas, a innovación metodolóxica e a educación inclusiva, respectivamente.
No bienio 2018-2020, levamos a cabo un 2º proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado, "Impulso á inclusión educativa a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz", que supón unha continuación do 1º proxecto Erasmus + e que o dobra en número de mobilidades:
- 6 estadías de observación en escolas de Portugal (4), República Checa (1) e Italia.
- 2 cursos sobre inclusión educativa en Italia
- 4 cursos de actualización lingüística en inglés en Irlanda (2) e Reino Unido
- 1 congreso sobre ensino do inglés como lingua estranxeira en Reino Unido
- 1 curso sobre metodoloxía AICLE en Reino Unido
- 1 curso sobre innovación educativa en Filandia

Durante os curso 2021-22 participamos en 2 proxectos Erasmus KA2 de mobilidade do profesorado e alumnado en colaboración con centros de Portugal, Grecia, República Checa e Reino Unido:
- Digital Technology, Imagination, Creativity and Entrepreneurship for a High Quality Teaching #DTICEQT
No curso 2022-23, puxemos en marcha o proxecto Skills4Inclusion: Camino a la inclusión a través de la mejora de las competencias digitales, la evaluación formativa, la innovación y el plurilingüismo.
En febreiro de 2023, adacamos a Acreditación Erasmus +, un
recoñecemento concedido a 500 centros de toda España que proporciona
financiación estable ata o ano 2027. Esta acreditación vai permitir a alumnado
e profesorado deste centro educativo facer mobilidades a outros países europeos
para participar en actividades formativas que lles permitirán mellorar a súa
competencia en idiomas, dixital, de participación democrática e conciencia
medioambiental así como avanzar xuntos no eido da inclusión e a innovación educativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario