A nosa xefa de estudos, Beatriz Nieto, e Alberto Blanco, profesor de primaria, están a participar nun encontro de dous días na Woodberry Down Community Primary School en Londres con escolas membros do proxecto Erasmus #DTICEQT coordinado pola Universade de Santiago de Compostela.
Ao longo de encontro terán a oportunidade de avaliar as actividades levadas a cabo co alumnado e de planificar a elaboración dunha guía multimedia que permitirá compartir os achádegos e resultados deste proxecto.
Tamén poderán importar boas prácticas desta escola, referencia do ensino primario en Reino Unido.
Estamos atent@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario